A APIUVigo nace da inquedanza compartida por diferentes persoas traballadoras no eido da investigación, que inicialmente non se coñecían, e que buscan por en común problemáticas concretas do persoal predoutoral xunto co colectivo postdoctoral e de xestión da universidade.
Tralos primeiros contactos a través das redes sociais percatámonos da existencia dunha diversidade de situacións e da heteroxeneidade de perfís vinculados ó mundo da investigación que non teñen os seus dereitos laborais recoñecidos, a pesar do papel clave nas fases iniciais da investigación así como o seu aporte creativo para a solicitude de novos proxectos nacionais e internacionais.
En abril de 2022 facemos a nosa asemblea constituínte coa participación de 33 persoas, onde
decidimos chamarmos Asociación de Persoal Investigador da Universidade de Vigo (APIUVigo).
Un paso previo clave a posterior formalización e inscripción como asociación para defender uns dereitos laborais e de dignidade para un grupo tan importante constituído por persoal investigador, técnico e de xestión da UVigo.
Cómo se organiza APIUvigo?
- Con asembleas xerais nas que debatimos problemáticas que nos afectan así como a estratexia a
seguir para conseguir melloras reais e efectivas. - Cunha xunta directiva que se encarga de executar e dirixir esa estratexia no período que
transcorre entre unha asemblea e outra. - Con grupos de traballo específicos nos que podes participar dentro das nosas disponibilidades. A participación de todos os membr@s e a esencia da APIUvigo. Podes solicitar integrarte en calquer grupo de traballo para aportar e resolver dúbidas.
- Actualmente contamos con grupos de:
o Persoal de xestión.
o Condicións laborais.
o Redes sociais.
Queres saber máis sobre APIUVigo?
Consulta aquí os nosos estatutos actualizados.