Se es persoal técnico, de xestión ou investigador da Universidade de Vigo, e incluso se es estudante de
doutoramento sen relación contractual coa universidade, únete á Asociación de Persoal Investigador da Universidade de Vigo.
¡É moi sinxelo!
Sigue os pasos descritos a continuación:
- Descarga a ficha de inscripción, aquí.
- Cubre a ficha e non esquezas asinala. (Recomendamos o certificado dixital, DNI electrónico).
- Envía a ficha a persoalinvestigador@uvigo.gal
Uníndote formarás ser parte da lista de correo na que recibirás convocatorias, actas e información importante dos logros acadados por e para a asociación.
Ao mesmo tempo, terás acceso a dous grupos exclusivos para persoas asociadas:
- Grupo xeral de todos os socios e socias.
- Grupo do teu campus de adscrición.
Ademais, terás dereito a participar e tomar decisións nas asembleas así como propoñer a túa candidatura
á Xunta Directiva.
Actualmente, non existe cota de socia/o.